venres, 29 de marzo de 2013

Vimbio Vivo.

 Estivemos facendo estructuras vivas con vimbios e creo que quedamos para sempre enganchados. Mesmo me atrevo a comunicar que se alguén está interesado en algo similar que non dubide en pedírnolo, prantados en macetas para balcóns ou directamente no xardín son ideas super bonitas e creativas. 



 De momento foron os nosos primeiros experimentos con vimbios vivos así que xa vos irei ensinando como progresan.

mércores, 27 de marzo de 2013

Xabón de romero.

(Facía xa un tempo que non pasaba por aquí e hai que recuperar o tempo perdido)

 Estamos "disfrutando" dunha semana santa pasada (non) pasadííísima por auga. Que se lle vai facer, hai que adaptarse, así que nada mellor que contarvos algunha cousiña que temos feito ultimamente e que non tivera aínda oportunidade de ensinar.

 Fai un mes e medio puxemos a macerar romero en aceite coa idea de facer un xabonciño con esa herba como ingrediente especial. Esta semana puxémonos man á obra e fixemos a nosa receita de xabón con ese aceite macerado e cunha boa ramiña de romero que tiñamos tamén a secar agardando este xabonoso final.


 Encántanos como quedou, coas folliñas afiadas asomando entre o xabón e as manchiñas difuminadas que o aceite destas foi pintando. Unha reutilización máis de algo suxo (o aceite usado) en algo limpo de verdade.