domingo, 27 de xaneiro de 2013

Xabón con aloe vera.

 Este fin de semana decidimos seguir dando saída ó aceite usado que acumulamos en casa e ó que os amigos acumulan para nós, ;)
 Fixemos xabón con aloe vera. O proceso foi igual que o do outro día pero coa enerxía de anteriores ocasións ó remover, que creo que foi o que marcou a diferencia co xabón do fin de semana pasado, moito máis grumoso. Neste collage podedes ver como evolucionou a mestura.



 Ademais agardamos ó final para botar o xugo do aloe e despois de remover un pouquiño os ingredientes xuntos, para o molde!


 Esta mañá desmoldamos e esta foi a peza fermosa que conseguimos, cos tropezóns de aloe salpicados polo medio. Iso foi o curioso desta ocasión, que o xel case transparente do aloe adquiriu outra consistencia e cor. Agora gustaríame saber se as propiedades do aloe siguen aí...


 Pero bonito, bonito quedou dende logo!


martes, 22 de xaneiro de 2013

Neve!

 Hoxe nevou por fin.
 Encántame a neve, ver nevar e cubrirse todo de branco. O primeiro inverno que estivemos aquí houbo un día bo de neve, aquel día ó abrir as contras pola mañá a nosa casa era unha postal. O inverno do pasado ano sen embargo non nos regalou nin un só copo. 
 Pero hoxe por fin vimos nevar e callar algo callou, aquí deixo a proba. Por certo, o tronco no chan é o que queda do noso pino xigante.


 Demos un paseo cos cans e volvimos ter sorte, puidemos ver brincando a un corzo a uns douscentos metros de nós que mesmo se parou e estivo observándonos durante un rato, o xusto para darme tempo a sacar a cámara e tirarlle unha foto no preciso instante no que decidíu marchar. Aquí vos deixo o recordo e rétovos, como en "buscando a Wally", a que o atopedes, unha pista, véselle o cuíño, je.

domingo, 20 de xaneiro de 2013

Xabón caseiro.

 A tarde de onte foi desas super productivas, en tódolos aspectos. 
Tivemos a sorte de ter de visita a uns bos amigos e iso xa foi xenial; as visitas á nosa aldea agradécense moitísimo e as visitas tan agradables como a de onte aínda máis!
 Pero é que ademais adicámonos a facer un montón de cousas. Estes colegas trouxeron uns palés co que querían facer algún moble para a súa casa e necesitaban cortalo; deuse a casualidade de que tiñamos aquí a motoserra que un veciño lle deixou a meu compañeiro para cortar o pino xigante que cortamos recentemente, así que foi cousa dun minuto. E xa que estábamos en faena e tiñamos ferramenta axeitada, por qué non lixalo? Total, que foi tarde de bricolaxe compartida.

 E non quedou aí a cousa, de feito a tarde productiva comezou facendo xabón caseiro. Xa é a terceira vez que nos animamos con este traballo e encántanos o de elaborar o noso propio xabón, que facemos coa receita básica que emprega aceite usado, auga e sosa. Con dita combinación elaboramos o xabón que despois empregamos para lavar louza e roupa.
 O molde desta vez foi un caixón de plástico dunha desas  caixoneras de almacenaxe que había na casa e que non usamos. A forma e debuxo que vedes no xabón é o relevo da base do caixón. Facíanos falta un molde enorme porque fixemos tres litros de aceite!

  A textura resultante non foi a que conseguimos en veces anteriores. Parecía que se nos cortara porque de súpeto mentras revolvíamos a mezcla ésta comezou a perder a consistencia líquida para pasar a ter como uns grumos que fixeron que o que tiña que ser un líquido espesiño parecera masa para un biscoito! O caso é que hoxe ó desmoldar non nos desagradou tanto. O importante ó fin e ó cabo é que sirva para lavar, así que dentro de mes e medio xa veremos.


E aproveitas para cortar ó día seguinte de facelo, que todavía a peza está blandiña.

 Cortando, cortando... unhas 20 pezas ben contundentes de xabón para usar e regalar. Dende fai máis dun ano nós xa non empregamos deterxentes líquidos tipo "fairy", estamos moi satisfeitos co resultado que o noso xabón nos dá.
 

 Agora xa estamos planeando a próxima xabonada pero esta vez con máis ingredientes e un pouco máis currado, un xabón para lavar mans ou corpo e seguindo os xenerosos consellos que me deu Nitdia de Comparte tus ecoideas, lugar da rede onde vos recomendo ir encarecidamente.
 De momento agardaremos mes e medio aproximadamente para poder usar este suculento xabón con aceite reciclado.


xoves, 17 de xaneiro de 2013

Nova cara para un famoso taburete e unha cadeira vella.

 Esta entrada é especialmente adicada á miña compi cesteira, xa sabes ti por que.
 Este modelo de taburete é máis que coñecido, precisamente por iso quixen darlle unha nova cara para que non fose o de todo o mundo. E así quedou.


 Por se a alguén lle gusta ese efecto veteado ou agrietado vou explicar como se consigue: 
- despois de lixalo cunha lixa delicada (a capa de barniz é moi fina) botamos cola branca de carpinteiro extendéndoa cun pincel por toda a superficie que queiramos pintar
- xusto despois de ter botado a cola branca extendemos a pintura da cor que nos guste sen agardar a que a cola seque, o pintado é inmediatamente despois! O efecto de veta prodúcese ó secar a cola e ir abrindo así a capa de pintura superior, o que se ve debaixo é a base orixinal de madeira. 
- Unha vez seca a pintura verde debuxei esas tres liñas curvas cunha cor semellante á do propio taburete e finalmente barniceino.


 Outra idea decorativa no caso de non querer ocultar a veta da madeira, ;)  sería facer algún pequeno debuxo que dese orixinalidade e colorido ó moble. É o caso desta cadeira que a continuación vos ensino.

         

 Atopámola nun alpendre da casa, abandonada á súa sorte. Non é que sexa a silla máis robusta do mundo pero paréceme moi bonita, moi sinxela pero moi bonita. Para restaurala simplemente a lixei, boteille anticarcoma e despois ocorréronseme eses debuxos sinxelos; os paxariños da base foron sacados de internet e o do respaldo non foi máis que pintar unha dobre liña que xira arredor do mesmo, inspirada na idea principal da mesma base. Nada do outro mundo como vedes.
 Unha vez pintado, capiña de barniz e andando!


Creo que as fotos non son moi boas para ver os detalles pero sirve para que vos fagades unha idea e vos animedes a facer cousas semellantes. 


  

mércores, 16 de xaneiro de 2013

Pola SANIDADE PÚBLICA no rural, por se acaso...

  Cando comecei este blog expuxen que quería reflectir a realidade do rural e de paso denunciar o que nos pode vir enriba tendo en conta os dramáticos recortes no ámbito social e público que estamos a sufrir. Pois ben, despois de ver o que está a ocorrer en Castela coa desaparición das urxencias nocturnas en moitísimos concellos, será mellor andar ó loro por se acaso dentro de pouco nos tocase a nós. Por iso quixera deixar falar a outros sobre a situación que se está a vivir para que vaiamos tomando conciencia do que pode ser o noso futuro.
 Esta é a fonte do texto que aporto: http://www.eldescodificador.com/2013/01/15/putos-pueblos/
 
“Queréis vivir en un puto pueblo en el quinto coño y enfermar. Y las dos cosas no pueden ser”. Masaenfurecida en Twitter

Yo soy uno de esos inconscientes que vive en un puto pueblo. Apenas cien habitantes, en el quinto coño, en mitad del monte y a decenas de kilómetros de la ciudad más próxima. Y fíjese usted que soy caprichoso: en caso de caer enfermo me gustaría contar con una buena asistencia médica. Un soñador castellanomanchego, ya se imaginan. Pensé que como pagaba los mismos impuestos que cualquier otro ciudadano urbanita, tendría sus mismos derechos. Pero María Dolores de Cospedal, la  presidenta de esta comunidad, se cuida mucho de recordarme que no, que solo soy un paleto, que bastante tengo con respirar aire puro, que debo conformarme con poner una huerta y que no debería haber apostado por el tercer mundo. Y por si no lo sabía, que las subvenciones que nos concedió Europa durante los últimos años para revitalizar el mundo rural y evitar la despoblación han sido dinero tirado.

“Para cuando llegue la ambulancia ya nos hemos muerto”, dice un vecino de Tembleque, uno de los pueblos de Castilla La mancha en los que se han quedado sin centros de urgencias nocturnas. El Colegio de Médicos tiene una opinión similar: cerrar las urgencias pone en peligro vidas. Para Cospedal la cosa no es para tanto: solo estamos ante “un rediseño de mapas de recursos”.
¿Rediseño de mapas de recursos? Quizá con esa metáfora cartográfica Cospedal nos sugiere que deberíamos abandonar definitivamente el campo, para que volviese a ser un gran coto. Fincas privadas con helipuerto que algunos pocos campesinos palurdos vigilaríamos y conservaríamos llenas de perdices, conejos y venados, sin un solo lobo, para ocio y relax de señoritos cazadores. Ahí tienen al director general del Organismo Autónomo de Parques Nacionales, Basilio Rada, que el pasado 3 de enero participó como invitado en una montería organizada por Alberto Alcocer en una de sus fincas, que incluye una parte del Parque Nacional de Cabañeros. Con dos cojones sangrantes de ciervo sobre la cabeza, como tiene que ser.
El problema quizá sea que los que manejan el cotarro vienen al campo a cazar, pero no a vivir. Los políticos viven en las ciudades. Algunos incluso viven en unas y dicen que trabajan en otras diferentes para cobrar pluses por alojamiento y manutención. Siempre en grandes poblaciones, cerca de esos  hospitales privados tan buenos y tan bien gestionados. María Dolores de Cospedal busca siempre la excelencia en la gestión. Por eso dice que los centros de salud públicos con urgencias nocturnas atienden a poca gente, y por tanto no son rentables. Debería recordar la presidenta que la salud es, ante todo y para todos, un derecho constitucional. Un día incluso podría ponerse en lo peor: por ejemplo en que su marido, el de la señora presidenta, sufriese un dolor en el pecho y falleciese por haber tenido que recorrer más de 50 kilómetros infartado. ¿Seguiría buscando entonces rentabilidad en la sanidad pública?
Los que vivimos en putos pueblos somos ciudadanos de segunda, con las mismas obligaciones que el resto pero menos derechos. Y como por aquí no viene nadie, no tenemos ni el recurso del abucheo. Como a Wert en Sevilla o a Ignacio González allá por donde pisa. ¿Tendremos que esperar a las próximas elecciones? Para entonces por aqui no quedará nada ni nadie…

luns, 14 de xaneiro de 2013

Un invernal arco da vella.

 Nos paseos que ás veces damos polos arredores percorremos camiños realmente bonitos, sobre todo nesta época do ano na que están cubertos todavía polas follas do outono. E os verdes dos prados son incriblemente eléctricos. E esa herbiña miudiña tan delicada que case parecen peliños... Que bonito está todo.




 E os carballos están incribles sen follas, coas ramas parece que fixesen  debuxos contra o ceo.


 E case sempre cando saímos cos nosos cans soen acompañarnos outros dous cans veciños, Truski e Tongo, que fan que os nosos cans e nós mesmos pasemos un rato aínda mellor. Ó primeiro é doado fotografialo porque sempre está preto pero ó gran Tongo resulta imposible, sempre nos observa na distancia e aparece entre as árbores coidando de non molestar a Buda, co que non se leva demasiado ben, pero é impresionante velo correr entre o bosque na procura de corzos e outros rastros.


 O mellor do paseo do outro día foi a sorpresa coa que rematou: xusto antes de comezar a correr de volta para casa porque comezou a chover puidemos ver o Arco da Vella.







sábado, 12 de xaneiro de 2013

Colares con camisetas.

 As camisetas vellas ofrecen moitas posibilidades para ser reutilizadas. Nós facemos retais con elas que logo empregamos para limpar mobles, para colar e limpar a cera derretida das abellas... pero tamén poden ter un destino un pouco máis, digamos, artístico ou estético, por exemplo como divertidos colares.
 A idea atopeina, como moitas outras, buceando por internet. Déixovos unha humilde mostra do que se pode facer e se vos gusta tedes centos de titoriais e ideas nas que inspirarvos pola rede.


 Teño que rebuscar entre a roupa vella a ver se amplío a gama de cores. Quero un verde, un laranxa...

luns, 7 de xaneiro de 2013

Adeus a un xigante verde.

 Comezamos o 2013 cunha despedida. Temos que dicirlle adeus a unha gran árbore, un pino xigante do que puidemos disfrutar dende que vivimos aquí.
E está sendo duro dende fai tempo, dende que sabemos que non nos queda máis remedio que tomar a decisión de cortalo e poñer fin así á súa existencia. A razón fundamental é que parte das súas grandísimas pólas asoman máis alá do noso muro e poden supoñer un perigo para os nosos veciños; ademais hai unha lexislación clara ó respecto e como non temos precisamente agora unha situación de convivencia moi boa pois queremos evitar conflictos. Pero todo isto xa o entendimos dende que chegamos aquí, non fixo falta que ninguén nos dixera que esa árbore podía ser un problema dado a proximidade á finca do lado, sempre o vimos así pero supoño que nos resistíamos a tomar a decisión final.


 Por que nos resulta tan duro? Pois porque para nós unha árbore coma esta é un tesouro natural que deberíamos tratar de conservar -mesmo a pesares de que a lexislación diga que unha árbore debe manter certa distancia con respecto a un linde e blablaba...-, porque non é unha árbore calquera, é un ser vivo que leva acompañando este lugar dende moito antes de nós chegar e polo tanto ten todo o dereito a seguir aí, porque non abundan pinos desta categoría por aquí xa que xeralmente os que hai están para o que están e na súa antinatural formación militar, porque supón un refuxio para as aves que aquí abundan e un refuxio de sombra para nós e porque, como escoitei unha vez e estou totalmente dacordo, a cultura dun pobo valórase tamén en función do respeto que mostran cara as súas árbores.
 Xa vedes que suficientes son os motivos para entender que nos resulte tan duro facerlle o que lle imos facer. Por sorte para min o día da execución eu non vou chegar a casa ata a noite así que non terei que soportar todo o proceso. 
  Moita xente que vive aquí non valora todo isto simplemente porque á árbore lle dan o valor que esta ten no mercado, por iso se talan carballos sen ningún tipo de miramento e se plantan eucaliptos en troques. As consecuencias quizais eles non as vaian vivir pero probablemente sí os seus netos, qué mágoa deixarnos a todos este futuro.

 En fin, nós trataremos de compensar a este compañeiro que perdemos rendíndonlle homenaxe a través do respeto, defensa e coidado das árbores que seguiremos conservando e das que nos vaiamos atopando no camiño.