domingo, 28 de abril de 2013

Evolucións varias.

  Onte nevou! A parte diso traio outras historias en imaxes que contan como van evoluíndo algunhas das nosas cousas.
 A primeira é sobre a nosa horta. Xa a pechamos e o meu compañeiro currouse uns bancais fermosos. O bo foi que no exercicio de sachar topou cunha tubería do noso veciño... (é que aquí media aldea vai surcada polas tuberías dos depósitos de auga particulares) pero "no problem", decidimos aproveitar o traxecto da mesma para deseñar un corredor que dividira a hortiña en dúas metades e así sempre ter presente por onde nunca debemos pasalo sacho, ;)
 Total, que de momento está así.


 E os nosos vimbios están en flor e as abellas xa viñeron probar a "delicatessen". Así é a flor antes e despois.


 A nosa super estructura agora pinta así de bonita (psssst, se queredes algunha non dubidedes en contactar con nós, por un módico prezo facémosvola para o ano que vén, jeje).


  Unha agradable sorpresa foi a que descubrimos nun trenzado de vimbio e chopo que no seu momento se me ocorreu pinchar na terra dunha crasa pero sen ningunha outra pretensión máis que a de adornar. Pois mirade o que chegou a brotar!


 E se non fose polas flores que xa viñeron e as que están a vir case desconfiaríamos de estar realmente en Primavera, tendo en conta que hoxe pola mañá espertamos con neve... Quería ensinarvos a flor do "cercis", unha das árbores que este outono plantamos na finca. Así rematamos cunha sensación máis primaveral que a que agora teño no corpo, co moco colgando (con perdón...).


luns, 22 de abril de 2013

Sementar sementarei...

 Qué estará sementando o meu compañeiro ...



... mentras os cans non paran de xogar?


  Se non o adiviñastes, xa volo contarei. Só tedes que agardar un pouco e espero ter que contarvos algo moi bo, ;)


domingo, 21 de abril de 2013

Bomba de soga.

 O verán pasado tivemos a sorte de ter en casa uns convidados marabillosos que nos obsequiaron coa súa gratísima compañía. Entre eles estaba un simpático cacereño que a maiores nos deixou un regalo moi especial: unha bomba de soga.

 O noso pozo estaba inutilizado, aínda non lle puxéramos nada para sacar auga e realmente descoñecíamos (e mesmo dubidábamos) da súa capacidade para brindarnos abundante cantidade. Cando Juan veu en agosto animouse a construir para nós unha bomba de auga manual, que non emprega electricidade e ademais construida a partir de material algún reutilizado (tambor de lavadora, roda de bicicleta...) e outro non pero supoñendo en total un moi baixo custo. Esta é a famosa bomba de soga.


  Outro día, se me nace a ocasión, podería contarvos máis detalles da construcción da bomba, que foi moi divertido polo grupo de traballo que formamos (o cacereño, un polaco e outros e outras que ían aparecendo) pero ó mesmo tempo complicado dadas as características do noso pozo. O resultado final foi tan incrible que nos fixo esquecer de golpe as moitas horas que estivemos a traballar: un chorro de auga brutal!

 Con esta auga é coa que regaremos prantas e horta, así os nosos dous manantiais (compartidos) descansarán un pouco no verán.




luns, 15 de abril de 2013

Máis Vimbio Vivo.

 As nosas construccións evolucionan favorablemente. Xa comezaron a asomar as primeiras follas e nótase por elas o paso de cada día.


 E fixemos unhas cantas macetas máis así que xa podemos ofrecer algunha (prezo especial para colegas, jeje). Hai algunha moi mellorable pero xa vos dixen que isto nos enganchou tanto que probablemente aínda fagamos máis así que podedes agardar polos novos deseños, ;).


  Fixemos máis pero non saíron moi ben as fotos así que non as publico, unha ten o seu amor propio... Xa irei actualizando pouco a pouco. Espero que vos gusten.

domingo, 14 de abril de 2013

Preparando a horta.

  Por fin saíu o sol. 
 Que chovese tanto este ano é unha alegría, dende logo, sobre todo despois do noso primeiro verán aquí no que chegamos a quedar sen unha gota. Pero a verdade é que ultimamente xa era demasiado ata para min, máis que nada o feito de chover de xeito continuo sen a piedade de alternar con algunha raiola de luz foi o que se convertiu en algo xa insoportable. 

 Pero por fin saíu o sol. E comezamos a preparar a finca, as prantas e especialmente a nosa horta. O ano pasado máis ben foi unha hortiña porque non chegaba nin a 8 metros cadrados de superficie. Así era.


 Foi un experimento non moi productivo agás polos cabaciños, eses sí que son agradecidos!


 Pero tamén plantamos pirixel, xudías, tomates, cenouras, pimentos, alloporros e leitugas. Quitando o pirixel, as xudías e algún tomate, o resto non merece ser comentado. Iso sí, tiñamos unha horta moi colorida: os nosos "tagetes" (non sei como se chaman en galego... e como dicía o meu compi, "5 tagetes tiene mi huerto, cuatro en la esquina y uno en el centro", jajaja!), as caléndulas e a albahaca, todo cunha finalidade dentro da horta pois tratamos de facela o máis ecolóxica posible e para iso contrarrestamos posibles problemas con solucións sostibles, como tamén as "piscinas" para babosas. En fin, todo un experimento que este ano agardamos mellorar (máis vale...). 
 E para iso comezamos marcando o perímetro da nova horta, creo que provisional pero máis ou menos será algo así.


  Este ano toca xa aumentar superficie e creo que polo menos plantaremos uns 30, yujuuu! O próximo será preparar a terra, sachar e abonar, para despois dispoñer os bancais tendo en conta as hortalizas que plantaremos e o sistema de riego que todavía está por diseñar. De momento agardan o pirixel e as caléndulas pacientemente...